Elisa Patiño y Meléndez (1890 — 1919) 'Chichana' era filla dos Duques de
Patiño e foi unha pioneira no mundo da aviación en Galiza. Intrépida e
aventureira foi a primeira muller que subiu a bordo dun aeroplano, xunto
ao afamado aviador José Piñeiro. En varias demostracións aéreas
acompañou ao piloto no seu Bleriot.
O 8 de abril de 1913 Piñeiro despegou na praia de Baltar, en Sanxenxo, onde instalara o seu propio aeródromo, ía sobrevoar a costa ante unha multitude de persoas que ficaban abraiadas na praia.
O espectáculo foi aínda máis impresionante cando observaron que Chichana, moza que veraneaba na localidade, non dubidou en acompañar ao piloto. A partir de aí realizaron varias saídas. O 12 de outubro de 1913, no mesmo lugar, tivo a súa primeira experiencia como aviadora e convertiuse así na primeira muller galega que obtivo o título.
Muller culta, posuía uns grandes dotes artísticos e interpretativos, pintaba, cantaba, tocaba o piano e o violín. Participou en moitos actos benéficos. A tráxica gripe do 18 rematou coa súa vida.

Imaxes: Faro de Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario