Página de aula de lengua y literatura de Educación Secundaria

Los que no somos gigantes -la gran mayoría de los seres humanos- tenemos que ir supliendo nuestras carencias a base de esfuerzo y de ir ingeniándonoslas en muchos aspectos. De qué manera y en qué dirección, cada uno va supliendo sus propias carencias, eso dependerá ya del gusto y las particularidades de cada cual. Si investigaba en los ámbitos que me interesaban a mi ritmo y a mi gusto, asimilaba técnicas y conocimientos de un modo extremadamente eficaz (1)

Espero que esta carpetadelc te ayude a crear tu propio recorrido.

(1) Adaptado de De qué hablo cuando hablo de correr de Haruki MURAKAMI

2.5.15

Elisa Patiño

Elisa Patiño y Meléndez (1890 — 1919) 'Chichana' era filla dos Duques de Patiño e foi unha pioneira no mundo da aviación en Galiza. Intrépida e aventureira foi a primeira muller que subiu a bordo dun aeroplano, xunto ao afamado aviador José Piñeiro. En varias demostracións aéreas acompañou ao piloto no seu Bleriot.
O 8 de abril de 1913 Piñeiro despegou na praia de Baltar, en Sanxenxo, onde instalara o seu propio aeródromo, ía sobrevoar a costa ante unha multitude de persoas que ficaban abraiadas na praia.
O espectáculo foi aínda máis impresionante cando observaron que Chichana, moza que veraneaba na localidade, non dubidou en acompañar ao piloto. A partir de aí realizaron varias saídas. O 12 de outubro de 1913, no mesmo lugar, tivo a súa primeira experiencia como aviadora e convertiuse así na primeira muller galega que obtivo o título.
Muller culta, posuía uns grandes dotes artísticos e interpretativos, pintaba, cantaba, tocaba o piano e o violín. Participou en moitos actos benéficos. A tráxica gripe do 18 rematou coa súa vida.

Imaxes: Faro de Vigo

No hay comentarios:

Publicar un comentario