Página de aula de lengua y literatura de Educación Secundaria

Los que no somos gigantes -la gran mayoría de los seres humanos- tenemos que ir supliendo nuestras carencias a base de esfuerzo y de ir ingeniándonoslas en muchos aspectos. De qué manera y en qué dirección, cada uno va supliendo sus propias carencias, eso dependerá ya del gusto y las particularidades de cada cual. Si investigaba en los ámbitos que me interesaban a mi ritmo y a mi gusto, asimilaba técnicas y conocimientos de un modo extremadamente eficaz (1)

Espero que esta carpetadelc te ayude a crear tu propio recorrido.

(1) Adaptado de De qué hablo cuando hablo de correr de Haruki MURAKAMI

30.11.15

In memoriam

Un día en Sanxenxo

Nos 50 anos da primeira edición da miña novela Memorias dun neno labrego recibo homenaxes, contesto entrevistas, asino exemplares do libro e convídanme para encontros con estudantes. Este ir e vir abarca toda Galicia. Manteño coloquios moi interesantes con rapazas e rapaces das catro provincias. Converso cos profesores e con frecuencia cos alcaldes, que soen achegarme o libro de visitas para que escriba algo, e algúns entréganme o escudo municipal.
Para calquera autor estes xestos colectivos son moi estimulantes, e máis coma neste caso por tratarse dun libro publicado hai medio século. Esta vez foi en Sanxenxo. Un acto entrañable. Organizouno o instituto local xunto co Concello e a libraría Nós. Reuninme co alcalde e varios concelleiros. Recibín cordiais saúdos de benvida. Estaba presente Francisco López Rodríguez, director xeral do Libro, da Xunta. Dixen unhas palabras de gratitude e falei do aviador Piñeiro que tiña sido alcalde naquel concello, e entregáronme unha réplica do monumento que alí erixiron na súa memoria.
No auditorio falei de libros, da emigración a América e da significación da lingua galega. Mantiven un animado coloquio con estudantes. Algúns recibiron na ocasión premios dun concurso literario. O acto presentárono e amenizárono María Lado e Lucía Aldao.
O máis singular foi que dende días antes mantiveron expostos 61 debuxos e 78 cartas dos estudantes dirixidas a Balbino (o protagonista das Memorias) e a min. Nenas e nenos manifestaron dese xeito a súa tenrura e cordialidade. Pertencen ós CEIP de Magdalena, A Florida, Portonovo, e os IES de Vilalonga e Sanxenxo. Coordinou todo a bibliotecaria Dolores Tobío, que días despois me trouxo a Gres, encadernados, os testemuños estudiantís expresados nesas cartas e debuxos. Un xesto de verdadeiros amigos.

XOSÉ NEIRA VILAS

El Correo Gallego (11/12/2011) 

María Lado, Lucía Aldao e Xosé Neira Vilas. 2010

Ata sempre mestre, amigo!!